04.19.2023-04.20.2023 | 17.00h
Promovido polo Grupo de investigación Esculca

O Grupo de Investigación Esculca organiza o “VIII Seminario de Doutoramento en Educación: Investigación para un futuro de calidade nas nosas Facultades de Ciencias da Educación”, que se impartirá os días 19 e o 20 de abril de 2023 na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
A inscrición é gratuíta (prazas limitadas) na seguinte ligazón e o programa do encontro está dispoñible nos arquivos anexos.
Máis información na web do grupo Esculca.