Skip to main content

XXVI Xornada da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo

19/04/2023 - 9.30 horas

O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, e a directora do centro universitario lugués, Pilar Penela, abren, ás 9.30 horas, no salón de actos do HULA, o foro de enfermaría ‘Formación, investigación, innovación’, que citará a relatores e estudantes de toda Galicia

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada

O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga López, e a directora da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo, Pilar Penela, abren este mércores, a partir das 9.30 horas, no salón de actos do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) a vixésima sexta edición das Xornadas da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo, un foro monográfico que citará a relatores e estudantes de toda Galicia e que nesta ocasión se desenvolverá baixo o lema ‘Formación, investigación, innovación’.

O xerente da Área Sanitaria Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares Rico; a directora de Enfermaría da Área Sanitaria Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, María Jesús Pérez Taboada, e a presidenta do Colexio de Enfermaría de Lugo, Lourdes Bermello, tamén intervirán na sesión inaugural dun foro aberto a toda a comunidade universitaria, pero tamén a profesionais e persoal asistencial.
 

The contents of this page were updated on 04.18.2023.