O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías promove esta reunión científica sobre protonterapiaos

O Workshop on Technologies & Applied Research at the future Galician proton-therapy facility promovido polo IGFAE desenvolverase os días 9 e 10 de maio no Centro de Estudos Avanzados da USC.
O obxectivo deste obradoiro é reunir e analizar os intereses e desenvolvementos relacionados cos aceleradores de protonterapia a nivel estatal e internacional para os próximos anos, nun escenario próximo á á apertura de novas instalacións públicas de tratamento e investigación de protóns en España, e máis precisamente en Santiago de Compostela. Este workshop ofrece un punto de encontro para, dunha banda, presentar as futuras instalacións á comunidade científica e, da outra, dar a coñecer as investigacións relacionadas con este ámbito a axentes sociais. Alén diso, o obradoiro pretende contribuír ao tecido dunha rede de persoal directivo, traballador e persoas usuarias desas instalacións.
Os relatorios xirarán arredor de tres eixos centrais: os sistemas de saúde e contornas do tratamento de radioterapia, os aspectos técnicos das infraestruturas e instalacións de protonterapia, e a comunidade científica centrada na investigación en desenvolvementos relacionados coa terapia de protóns.
Para a xornada do mércores está prevista a intervención do conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, xunto ao vicerreitor de Política Científica da USC, Vicente Pérez Muñuzuri, e o director do IGFAE, Carlos Salgado
A participación no evento é libre previa inscrición e pódese consultar máis detalles sobre o evento na web do IGFAE.