Skip to main content

O persoal da USC elixe os seus órganos de representación

Está chamado a participar no proceso o PDI e o PAS, tanto laboral como funcionario. FOTO: Santi Alvite
Está chamado a participar no proceso o PDI e o PAS, tanto laboral como funcionario. FOTO: Santi Alvite
O proceso desenvólvese este martes 9 de 11.00 a 19.00 horas
Lugo, Santiago de Compostela

A votación das eleccións aos órganos de representación do persoal desenvólvese este martes 9, de 11.00 a 19.00 horas, nos campus de Lugo e de Santiago de Compostela. O proceso abrangue a elección de representantes sindicais nas Xuntas de Persoal, no caso do persoal funcionario, e nos Comités de Empresa, para o persoal laboral.

Toda a información relativa aos comicios, así como os lugares para exercer o dereito ao voto poden consultarse na web das eleccións. Está chamado a participar no proceso o persoal docente e investigador, así como o persoal de administracións e servizos, tanto laboral como funcionario.  

The contents of this page were updated on 05.09.2023.