Skip to main content

Xornada

Violencia e acoso nas Relacións Laborais 360º

05.12.2023 | 09.30h-13.15h

O Consello Galego de Relacións Laborais, o Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense e a Facultade de Relacións Laborais da USC organizan esta xornada

Xornada. Violencia e acoso nas Relacións Laborais 360º
Xornada. Violencia e acoso nas Relacións Laborais 360º

Nos espazos laborais resulta especialmente necesaria a adopción de medidas dirixidas a garantir a igualdade de trato e non discriminación, a liberdade sexual e a integridade física e moral, tal e como poñen de manifesto  as últimas novidades normativas (Lei Orgánica 10/2022, de garantía integral da liberdade sexual, Lei 15/2022, integral para a igualdade de trato e non discriminación e Lei 4/2023, de 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI), así como o Convenio 190 da OIT sobre a eliminación da violencia e o acoso no mundo do traballo, recentemente ratificado por España.

Neste contexto, o Consello Galego de Relacións Laborais achega o 'Protocolo contra o acoso sexual e laboral por razón de sexo e identidade nos centros de traballo', froito do esforzo das organizacións integrantes da Comisión Consultiva Autonómica para a Igualdade entre Mulleres e Homes na Negociación Colectiva e que ten como finalidade ofrecer unha ferramenta útil co valor engadido de que conta co imprescindible consenso nunha materia que require tantos coñecementos de carácter técnico como tamén gran sensibilidade na súa aplicación posterior.

Afondar nestas medidas é o obxectivo da xornada 'Violencia e acoso nas relacións laborais 360º' que promoven o Consello Galego de Relacións Laborais, o Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense e a Facultade de Relacións Laborais da USC. Dirixido por Antía Sánchez Callejo, presidenta do CGRL, Silvia Moscoso Ruibal, decana da Facultade de Relacións Laborais da US,  e Suana Soneira Lema, presidenta do colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, o encontro desenvolverase o venres 12 de maio na Facultade de Relacións Laborais. A sesión inaugural, programada ás 09.30 horas, contará coa presenza de dúas das directoras da xornada, Antía Sánchez Callejo e Silvia Moscoso, e do responsable da Comarca do Barbanza do Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, Cándido Sanisidro López. 

A seguir, tres relatorios explorarán cuestións fundamentais nesta materia. O primeiro deles, 'Os retos sobre o acoso sexual, laboral, por razón de sexo e identidade nos centros de traballo', estará a cargo da catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da USC, Lourdes Mella Méndez. Deseguido terá lugar a conferencia da maxistrada do Xulgado do Social de Lugo, Dalila Dopazo Blanco, sobre 'Novidades xudiciais en materia de acoso sexual, laboral por razón de sexo e identidade nos centros de traballo'. Por último terá lugar a conferencia de Mónica González Otero, inspectora de Traballo e Seguridade Social sobre o 'O papel da Inspección de Traballo en materia de acoso sexual, laboral, por razón de sexo e identidade nos centros de traballo'.

A xornada servirá tamén para a presentación do 'Protocolo', que contará con representantes de CIG, SN de CCOO de Galicia e UGT-Galicia, e da CEG.

A asistencia é de balde previa inscrición que poderá realizarse ata o 11 de maio de 2023 a través do enderezo electrónico formacion.cgrl [at] xunta.gal (formacion[dot]cgrl[at]xunta[dot]gal). As prazas cubriranse por orde de rexistro e acreditarase asistencia á xornada.

Programa
Programa

Incripcións: por orde de solicitude ata o 11 de maio escribindo a o correo-e formacion.cgrl [at] xunta.gal (formacion[dot]cgrl[at]xunta[dot]gal)

Asistencia: acreditarase a asistencia á xornada

The contents of this page were updated on 05.12.2023.