Skip to main content

Convocada a edición décimo sétima do premio de relato curto de Alumni USC

A temática dos traballos é libre. FOTO: Santi Alvite
A temática dos traballos é libre. FOTO: Santi Alvite
Os orixinais poden presentarse por correo electrónico ou por correo certificado, segundo os requirimentos establecidos na convocatoria, entre o 15 de maio e o 15 de xullo de 2023
Lugo, Santiago de Compostela

Alumni USC acaba de convocar a edición número 17 do seu certame de relato curto, aberto ao público en xeral, de temática libre, para textos inéditos e redactados en lingua galega. O relato terá un máximo de sete páxinas, tamaño DIN A4, a dobre espazo, letra Times New Roman e tamaño 12. Os orixinais poden presentarse por correo electrónico ou por correo certificado, segundo os requirimentos establecidos na convocatoria, entre o 15 de maio e o 15 de xullo de 2023.

O xurado estará composto por persoas entendidas na materia e poderá declarar deserto o premio. A súa decisión será inapelable a todos os efectos. O premio terá unha dotación de 500 euros, patrocinados polo Hospital HM La Rosaleda. Entregarase un diploma acreditativo. 

The contents of this page were updated on 05.12.2023.