Skip to main content

‘Construír Dashboard Económico-Financeiro con Microsoft Power BI de 0 a 100’

O seminario ‘Construír Dashboard Económico-Financeiro con Microsoft Power BI de 0 a 100’, promovido en colaboración co Colexio de Economistas de Lugo e impartido por Manuel Ramón Ramón, bota a andar este luns, a partir das 10.00 horas

Cartaz do curso
Cartaz do curso

O Campus Terra da USC abre este luns, a partir das 10.00 horas, na Facultade de Administración e Dirección de Empresas, o seu programa de formación complementaria específica co seminario ‘Construír Dashboard Económico-Financeiro con Microsoft Power BI de 0 a 100’, unha actividade organizada xunto co Colexio de Economistas de Lugo e que será impartida por Manuel Ramón Ramón.

O curso, estruturado en 14 horas de carácter presencial que se desenvolverán os días 15 e 16 de maio, en quenda de mañá e tarde, e homologado a efectos de formación continua obligatoria para auditores e como formación para experto contable, capacitará ao alumnado para facer análises de carácter económico-financeiro para empresas.

A preparación e visualización dos estados financeiros de perdas e ganancias, balance de situación e estado de fluxos de efectivo, o estudo detallado do diario contable, as técnicas de modelado máis apropiadas para deseñar Dashboards financeiros e a xeración de indicadores clave de desempeño (KPI), tanto básicos como avanzados que orienten o deseño de estratexias empresariais, constitúen algunhas das cuestións tratadas no curso.

The contents of this page were updated on 05.12.2023.