Skip to main content

'Memoria individual e memoria colectiva: Os coñecementos tradicionais e o patrimonio cultural', a cargo de Concha Losada

23/05/2023 - 19.30 horas

Casa do Saber

A presidenta do padroado do Museo do Pobo Galego ofrece este martes 23, a partir das 19.30 horas, na Casa do Saber, un relatorio organizado pola Asociación de Alumnado do IV Ciclo no Campus de Lugo. A entrada é libre ata completar aforo

Concha Losada
Concha Losada

A presidenta do padroado do Museo do Pobo Galego, Concha Losada Vázquez, ofrece este martes, a partir das 19.30 horas, no auditorio da Casa do Saber, o relatorio ‘Memoria individual e memoria social: Os coñecementos tradicionais e o patrimonio cultural’, no marco dunha sesión promovida pola Asociación de Alumnado do IV Ciclo do Campus de Lugo.

A relatora convidada a tomar parte nesta actividade organizada pola Asociación de Alumnos do IV Ciclo do Campus de Lugo compaxina a colaboración co Museo do Pobo Galego co seu labor como profesora da área de Psicobioloxía do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da USC, ademais de como docente do programa de formación de maiores IV Ciclo.

Na intervención programada en Lugo, Losada Vázquez afondará sobre algunhas das principais características dos coñecementos tradicionais, así como da construción do patrimonio cultural e do uso que del se fai. A sesión é de entrada libre e de balde para todo o público interesado ata completar o aforo.

The contents of this page were updated on 05.22.2023.