Skip to main content

Claves do emprendemento feminino nas contornas VUCA

05.25.2023-06.26.2023

En liña

Acción formativa cara ao estímulo do emprendemento feminino en contornas caracterizadas pola volatilidade, a incerteza a complexidade e ambigüidade

Cartel da actividade
Cartel da actividade

O Instituto das Mulleres e a Universidade de Santiago de Compostela poñen en marcha esta acción formativa dirixida a emprendedoras universitarias no marco do proxecto INNOVATIA 8.3. 

O curso 'Claves do emprendemento feminino nas contornas VUCA' (acrónimo en lingua inglesa que resulta dos termos 'volatilidade', 'incerteza' -uncertainty-, 'complexidade' e a'ambigüidade') aposta por un modelo de aprendizaxe vivencial e dinámico, que sitúaas participantes nun lugar activo, conectado e motivado pola súa  aprendizaxe, promovendo a adquisición dunha visión xeral das características das contornas VUCA (siglas das palabras que , a Intelixencia Emocional no ámbito laboral e a importancia o desenvolvemento das habilidades socioemocionais e do benestar como ferramentas para sacar o máximo proveito do seu proceso de emprendemento.

A actividade comprende 25 horas de formación do 25 de maio ao 26 de xuño de 2023, dirixida a mulleres de nivel universitario, emprendedoras ou en fase emprendedora, preocupadas por coñecer as principais claves do emprendemento feminino. Esta modalidade de aprendizaxe e-learning 100% en liña, combinará o uso dun campus en formato Moodle onde se recollerá toda a documentación teórica relacionada co curso con clases en directo a través dunha plataforma en liña para videoconferencias. A aprendizaxe complementarase coa realización dunha proba ao final para cada módulo.

As 40 prazas dispoñibles cubriranse por rigorosa orde de inscrición que deberá cursarse ata o 18 de maio. 

The contents of this page were updated on 05.29.2023.