Skip to main content

Conferencia

'Orixes do exterminio franquista: O proceso de toma de decisións rebelde no verán do 36'

06.06.2023 | 12.00h

Santiago de Compostela
Aula 13

Organizada polo grupo HISTAGRA, será impartida por Ángel Alcalde, profesor da Universidade de Melbourne

Conferencia de Ángel Alcalde organizada polo grupo HISTAGRA
Conferencia de Ángel Alcalde organizada polo grupo HISTAGRA

O martes día 6 de xuño, o profesor Ángel Alcalde ofrecerá unha conferencia titulada 'Orixes do exterminio franquista: O proceso de toma de decisións rebelde no verán do 36'. Nela, presentará os avances da súa máis recente investigación sobre a violencia franquista durante a guerra civil.

O seu relatorio versará sobre a hipótese de que a violencia e as experiencias de combate da guerra foron o crisol ideolóxico fundamental do réxime franquista. Os sublevados eran un grupo de forzas reaccionarias e antiliberais con escasa coherencia ideolóxica ou política, pero emerxeron do conflito non só vitoriosos senón ideológicamente unidos baixo o poder do ditador.

Ángel Alcalde é profesor de historia na Universidade de Melbourne, Australia. Doutor en Historia e Civilización polo Instituto Universitario Europeo de Florencia, foi bolseiro postdoutoral da Fundación Alexander von Humboldt na Universidade Ludwig-Maximilian de Múnic. Tamén foi investigador postdoutoral no Instituto Leibniz de Historia de Europa en Maguncia, así como no Centro para a Historia do Desenvolvemento Global na Universidade de Xangai. A súa investigación centrouse na historia social e cultural da Guerra moderna, a historia transnacional, e a historia do fascismo.

The contents of this page were updated on 06.01.2023.