Skip to main content

Presentación das primeiras ferramentas do Proxecto Nós

06.05.2023 | 12.00h

Edificio Fontán (Cidade da Cultura)
Santiago de Compostela

A finalidade última do ‘Proxecto Nós’ é situar o galego na vangarda da intelixencia artificial e das tecnoloxías lingüísticas para posibilitar o uso natural desta lingua nas interaccións dixitais entre as persoas e os dispositivos tecnolóxicos.

A finalidade última do ‘Proxecto Nós’ é situar o galego na vangarda da intelixencia artificial e das tecnoloxías lingüísticas
A finalidade última do ‘Proxecto Nós’ é situar o galego na vangarda da intelixencia artificial e das tecnoloxías lingüísticas

O acto de presentación das primeiras ferramentas do Proxecto Nós desenvolverase o luns 5 de xuño a partir das 12.30 horas no Edificio Fontán da Cidade da Cultura.  Contará coas intervencións do reitor da Universidade de Santiago de Compostela Antonio López; do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades Román Rodríguez; do director de AMTEGA, Julián Cerviño Iglesia; do director do CiTIUS, Senén Barro; e da directora do ILG, Elisa Fernández Rey.

Proxecto Nós

Nós é un proxecto inédito en Galicia que permitirá xerar os recursos dixitais e lingüísticos precisos para facilitar o desenvolvemento de aplicacións baseadas en Intelixencia Artificial (IA) e Tecnoloxías da Linguaxe (TL) tales como asistentes de voz, tradutores automáticos e axentes conversacionais en lingua galega. 

 

The contents of this page were updated on 06.05.2023.