Skip to main content

Recoñecemento do Consello Social á traxectoria profesional de Darío Villanueva

06.09.2023 | 12.30h

Santiago de Compostela
Salón Nobre

Este recoñecemento do órgano colexiado da USC distingue a excelencia profesional de persoas que cursaron estudos na USC e que levaron a cabo unha traxectoria profesional relevante, contribuíndo ao desenvolvemento da sociedade.

Darío Villanueva fotografado por José Antonio Fernández
Darío Villanueva fotografado por José Antonio Fernández

O venres 9 de xuño terá lugar o acto de Recoñecemento do Consello Social á traxectoria profesional de Darío Villanueva. Comezará ás 12.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. O reitor Antonio López dará apertura a este acto institucional que contará coas intervencións de Cecilia Sierra, presidenta do Consello Social; de José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia; e do homenaxeado.

Na concesión do galardón, o xurado salientou de Darío Villanueva non só a súa traxectoria profesional no seo da USC, como profesor de recoñecido prestixio internacional e reitor entre os anos 1994 e 2002, senón tamén como director e como membro da Real Academia Española, ademais da súa condición de doutor 'honoris causa' de distintas universidades da contorna mundial e a súa contribución á lingua e literatura españolas. 

The contents of this page were updated on 06.08.2023.