Skip to main content

'Os arquivos do SEG: herdanza documental e memoria de Galicia'

06.09.2023 | 10.30h-13.30h

Santiago de Compostela
Sala de Conferencias

Con motivo do Día Internacional dos Arquivos que se conmemora o 9 de xuño, o Arquivo Histórico Universitario promove unha xornada de difusión dos seus fondos documentais

Imaxe do Arquivo Histórico da USC. FOTO: Santi Alvite
Imaxe do Arquivo Histórico da USC. FOTO: Santi Alvite

O Arquivo Histórico Universitario celebra o Día Internacional dos Arquivos cunha actividade de difusión dos seus fondos documentais. O venres 9 de xuño, das 10.30 e as 13:30 horas promove unha xornada que leva por título 'Os arquivos do Seminario de Estudos Galegos: herdanza documental e memoria de Galicia', que se suma aos actos organizados por distintas institucións culturais, en colaboración co Consello da Cultura Galega, para conmemorar o centenario da súa fundación do SEG.

Así, a xornada contará coa participación das principais entidades e fundacións que custodian arquivos persoais de membros do SEG xunto ao que conformou o propio Seminario durante a súa prolífica actividade, como o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, o Museo de Pontevedra, a Fundación Penzol, a Fundación Vicente Risco e a Fundación Otero Pedrayo.

O vicerreitor de Política Científica da USC, Vicente Pérez Muñuzuri, abrirá ás 10.30 horas este foro que se desevolverá na Sala de Conferencias do AHUS e que contará coas intervencións de Desirée Mª Domínguez Pallás, directora do Arquivo; Eduardo Pardo de Guevara, director honorario do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento; María Jesús Fortes Alén, arquiveira do Museo de Pontevedra; Patricia Arias Cachero, secretaria da Fundación Otero Pedrayo; Benito Ramírez Abal, arquiveiro da Fundación Penzol; e Celia Pereira Porto, presidenta da Fundación Vicente Risco. 

Cartel do encontro
Cartel do encontro
The contents of this page were updated on 06.05.2023.