Skip to main content

O ‘WorkCafé’ do Pavillón Estudantil, novo punto de encontro no ámbito do Campus Sur

Xunto ao reitor Antonio López, visitou o ‘WorkCafé’ o xerente Javier Ferreira. Por parte do Santander, acudiron Rocio Pazos, directora territorial; María Gonzalez, directora de zona; e Luis Pernas, director de Banca Institucional. FOTO: Santi Alvite
Xunto ao reitor Antonio López, visitou o ‘WorkCafé’ o xerente Javier Ferreira. Por parte do Santander, acudiron Rocio Pazos, directora territorial; María Gonzalez, directora de zona; e Luis Pernas, director de Banca Institucional. FOTO: Santi Alvite
O Banco Santander reacondicionou as súas instalacións para convertelas nun moderno espazo de traballo e reunións a disposición, tamén, da comunidade universitaria
Santiago de Compostela

O Pavillón Estudantil do Campus Sur conta cun novo punto de encontro para a comunidade universitaria. O ‘WorkCafé’ do Banco Santander conforma un novo espazo no que tanto a cidadanía en xeral como a comunidade universitaria en particular teñen á súa disposición un lugar acaído para manter reunións de traballo ou ben facer unha parada na xornada laboral ou de estudo. 

O reitor Antonio López visitou este venres 9 as instalacións que acaban de ser acondicionadas e que son froito da colaboración entre USC e Banco Santander. A cooperación entre as dúas entidades leva desenvolvéndose dende hai anos no marco dun convenio xeral ao abeiro do cal se teñen desenvolvido diferentes iniciativas en materia de educación, emprendemento, empregabilidade ou transformación dixital.

Xunto ao reitor, visitou o ‘WorkCafé’ o xerente Javier Ferreira. Por parte do Santander, acudiron Rocio Pazos, directora territorial; María Gonzalez, directora de zona; e Luis Pernas, director de Banca Institucional. 

Na visita volve poñerse de manifesto o apoio decidido do Banco Santander á USC, que ten contribuído á excelencia da actividade docente e investigadora, a promover a transferencia dos resultados de investigación, a mellorar a eficiencia da súa xestión académica, a facilitar o acceso a programas de formación continuada, a reforzar a súa proxección internacional e, en xeral, a elevar a oferta e nivel de servizos culturais e académicos, e de calquera outro tipo prestados á comunidade universitaria, tales como as prácticas en empresas ou accións a prol da empregabilidade.
 

The contents of this page were updated on 06.09.2023.