Skip to main content

O iMATUS convoca unha decena de bolsas para a iniciación na actividade investigadora

Instituto de Materiais da USC
Instituto de Materiais da USC
O prazo de presentación de solicitudes esténdese ata o 19 de xuño a través da Sede Electrónica da USC
Santiago de Compostela

O Instituto de Materiais da USC (iMATUS) acaba de lanzar unha convocatoria de bolsas para a iniciación na actividade investigadora. As persoas beneficiarias terán asignado un proxecto de investigación nunha das áreas dos membros do iMATUS, baixo a supervisión dun/ha investigador/a principal. O alumnado adquirirá coñecementos e destrezas na área temática do seu proxecto e, así mesmo, participará nas actividades científicas do centro. En total, ofértanse dez bolsas cunha duración dun mes. 

O alumnado solicitante debe ter unha nota media igual ou superior a 7 puntos sobre base 10, debendo ter superado polo menos o 55 % dos créditos, alén de cumprir os requirimentos de titulación contemplados na convocatoria. Os expedientes académicos das persoas solicitantes suporán o 70% da valoración obtida, mentres que o currículo contará o 20%, e a expresión de interese das persoas aspirantes, formulada na carta de presentación, o 10% final. O prazo de presentación de solicitudes esténdese ata o 19 de xuño a través da Sede Electrónica da USC. 
 

The contents of this page were updated on 06.13.2023.