Santiago de Compostela
Aula do Mestrado en Historia Contemporánea | En liña a través de MS Teams
O grupo Hispona promove este seminario do historiador Fernando Devoto

O investigador da Universidade Nacional de San Martín (Arxentina) Fernando Devoto impartirá o mércores 14 de xuño ás 12.00 horas o seminario 'Apuntamentos sobre fútbol, identidades e política na Arxentina 1931-2022'. O encontro, organizado polo grupo de investigación Hispona e aberto á comunidade universitaria, desenvolverase de forma presencial na Aula do Mestrado en Historia Contemporánea e en liña a través da plataforma MS TEAMS.
Fernando Devoto
Doutor 'honoris causa' pola USC, o historiador arxentino Fernando Devoto é profesor de Posgraduado no Instituto de Altos Estudos Sociais (IDAES) da Universidade Nacional de San Martín e integrante da Academia Nacional da Historia da República Arxentina . Foi profesor titular de Teoría e Historia da Historiografía e investigador no Instituto Ravignani da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Bos Aires, na Facultade de Humanidades da Universidade de Mar do Prata, no Instituto de Investigacións sobre o Patrimonio Cultural da Universidade Nacional de San Martín, entre outras universidades arxentinas.