Skip to main content

Día Europeo da Música

Ensaio aberto da OUSC

06.18.2023 | 18.30h

Santiago de Compostela

A Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela ofrece á cidadanía un ensaio aberto co programa que interpretará no Día Europeo da Música

Cartel da actividade
Cartel da actividade

A OUSC súmase este 21 de xuño ás celebracións polo Día Europeo da Música cun concerto especial en colaboración co programa de Visitas Guiadas da USC. De forma anticipada, e co gallo de achegar á cidadanía novas oportunidades de gozar coa música e coñecer o labor da formación, a Orquestra ofrecerá un ensaio aberto ao público co programa que se interpretará na conmemoración da efeméride. Entre as pezas escollidas soarán o Canon en Re, de Johann Pachelbel, unha escolma das Indes Galantes de Jean-Philippe Rameau, Por una cabeza, de Carlos Gardel, a Muiñeira do entrelazado de Allariz,, Alma Llanera de Pedro Elías Gutiérrez ou a Sarabanda HWV 437 de G.F. Händel. 

Será o domingo 18 de xuño ás 18.30 horas na Igrexa da Universidade con entrada de balde ata completar capacidade.

 

The contents of this page were updated on 06.16.2023.