A Escola de Verán EUniWell 2023 sobre Migración e Diversidade nas Cidades Europeas (MADEINEUROPE) reunirá estudantes de posgrao (mestrado e doutoramento), profesionais e académicas/os de sona internacional para explorar as fronteiras da investigación sobre a migración e a diversidade.

As persoas migrantes formaron unha parte substancial de moitas sociedades europeas durante séculos. Porén, durante as últimas tres décadas, o tamaño, a velocidade e a extensión da mobilidade humana medrou en importancia.
Estes cambios acelerados están a transformar as comunidades locais e as dinámicas e políticas de diversidade no destino, así como na orixe. As cidades son o principal destino das e dos migrantes e o lugar onde a diversidade impulsada pola migración está a producirse a un ritmo máis rápido. Tamén son lugares estratéxicos para a formación de novos tipos de identidades e comunidades que se estenden a través das fronteiras nacionais e de novos suxeitos políticos e posibilidades de transformación social.
Na Escola de verán de MADEINEUROPE 2023 sobre migración e diversidade nas cidades europeas, abordamos estes cambios e dinámicas a través dunha serie de perspectivas interdisciplinares sobre migración, diversidade e inclusión. A Escola de Verán está organizada por seis universidades europeas que forman parte da Rede EUniWell e dirixida polo profesor Nando Sigona, director do Instituto de Investigación sobre Superdiversidade da University of Birmingham.
Terá lugar do 29 de maio ao 30 de xuño de 2023 e inclúe conferencias en liña, seminarios, obradoiros e titorización e un evento final presencial en Nantes (Francia) os días 29 e 30 de xuño de 2023.