Introdución
A vinculación entre a historia da arte e a moda vai máis alá da mera evolución das formas e os estilos; este sería un punto de vista demasiado simple, que ignoraría os múltiples aspectos socias, históricos, económicos e relixiosos que deben ir da man do estudio da indumentaria ó longo dos séculos.
A través da arte figurativa, a literatura e os principais sucesos históricos é posible afondar nos aspectos máis conceptuais da moda, os cales estiveron ligados dende o Mundo Antigo á imaxe do poder, a divindade e o simbólico.
Obxectivos
- Coñecer a evolución das prendas e as formas ó longo da historia occidental.
- Comprender a vinculación existente entre a arte e a moda.
- Analizar o uso político da moda ó longo da historia e a importancia das leis suntuarias.
- Comprender o uso da moda como un distintivo político, social e relixioso.
- Saber que a moda non é unha manifestación illada e que evoluciona en relación ós avances históricos e tecnolóxicos.
- Analizar a vinculación entre a moda e o ideal estético e artístico de cada período histórico.
Contidos
- Máis alá do peplo e a toga: o tecido e a cor como configuración do poder na estatuaria grecorromana.
- Ouro, perlas e seda: a cultura do exceso no Imperio Bizantino a través do mosaico.
- O románico e a última moda "unisex": miniatura, escultura e primeiros restos téxtiles.
- Arquitectura e moda gótica: a busca dun mesmo canon en pedra e en fío.
- Nacionalismo e moda: a indumentaria e a súa significación social e política nos Códices de Traxes.
- O Renacemento: la liberdade italiana fronte o encorsetamento europeo.
- A cor negra na corte dos Austrias: ¿motivos económicos, históricos ou relixiosos?
- O retrato rococó: Francia fronte Inglaterra, da corte de Versalles á campiña británica.
- A Revolución Francesa e a Gran Renuncia Masculina
- A Rexencia: moda e costumes na literatura de Jane Austen.
- O Romanticismo: calquera tempo pasado é mellor... tamén na moda.
- A Revolución Industrial: o aceiro como protagonista do novo canon feminino (1855-1865).
- Pintoras impresionistas: unha visión persoal do espazo e as prendas femininas.
- Deseñadores e artistas: as Vangardas do século XX como campo para a experimentación téxtil.
- ¿A moda é un arte?: os desfiles como performance no século XXI.
Metodoloxía
Co obxecto de facilitar e racionalizar a comunicación da materia empregaranse as seguintes técnicas:
- Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos.
- Ensino de ferramentas on line para afundir no coñecemento da materia e fomentar a exploración de recursos por parte do alumnado
Sistema de avaliación
Asistir de forma presencial e participar na aula. Cuestionario da materia
Traballo individual para acadar o sobresaínte ou matrícula de honra.
Bibliografía básica
Bard, C. (2012), Historia política del pantalón. Barcelona: Tusquets.
Bernis, Carmen(1978). Trajes y modas en la España de los Reyes Católicos, Madrid, Instituto Diego
Boucher, F., Deslandres, Y., & Aufrère, S. (2009). Historia del traje en Occidente: desde los orígenes hasta la actualidad. Gustavo Gili.
Collado, M.R., Nacional, M. and Romanticismo, D. (2020): La mujer se viste para el deporte: los orígenes de la indumentaria deportiva femenina en España, Museo del Romanticismo, Madrid.
Cumming, V. (2021). Understanding fashion history. Batsford Books.
Davidson, H. (2019). Dress in the age of Jane Austen: Regency fashion. Yale University Press.
Flügel, J.C. (2015). Psicología del vestido. España: Melusina.
Laver, J. (2006). Breve historia del traje y la moda. Madrid: Cátedra, Ensayos de Arte.
Lipovetsky G. (1990). El imperio de lo efímero. Madrid: Album Letras Artes, S.A.
Matthews David, A. (2017). Fashion Victims. The dangers of Dress Past and Present. Londres: Bloomsbury.
Molpeceres, A. V. (2021). Historia de la moda en España: de la mantilla al bikini. Los libros de la Catarata.
Orellana, R.P. (2009). Historia de la moda en España: el vestido femenino entre 1750 y 1850. Almuzara.
Pena González, P. (2019). La moda en la Primera Guerra Mundial. España: Alepín.
Riello, G. (2016). Breve historia de la moda. Editorial Gustavo Gili.
Ribeiro, Aileen (2016). Clothing Art, the visual culture of fashion, 1600-1914, Yale University Press.
Simon, M., Westwood, V. and Jephcott, E. (1995). Fashion in art: The second empire and impressionism. Zwemmer London.
Soto, C. (2020). Vestuario, desde la Prehistoria hasta roma, ViveLibro.