Skip to main content

Historia da medicina

Docente da USC: Prof. Dr. D. Fernando J. Ponte Hernando

Docentes externo: Dres. D.ª M.ª Carmen Manresa López; D. Álvaro de Castro Palomares, D. Ramón Soto Méndez.

N.º de créditos: 3

Introdución

“O médico é o único home de ciencia a quen todo o mundo coñece.” Esta evidencia, en frase do mestre Henry Sigerist, fai que a medicina sexa unha preocupación sempre presente en persoas e gobernos. É indubidable o interese do público en xeral polos asuntos médicos, propios e alleos, e nos novos descubrimentos constantes, que fan esperar un futuro pleno de logros e mellora da calidade de vida das xentes. Pretendemos achegar aos alumnos como se produciu a evolución destes temas desde a antigüidade ata chegar aos nosos días, coa visión posta nun futuro próximo.

Obxectivos

  • Dar a coñecer a evolución do pensamento médico e dos procedementos diagnósticos e terapéuticos empregados ao longo da Historia.
  • Achegar ao alumno ás figuras máis importantes da historia e a súa obra.
  • Poñer no seu xusto valor o papel da Escola Médica Compostelá en relación ás correntes científicas punteiras en cada momento.·

Competencia

  • Coñecementos xerais de Historia xeral e das civilizacións.

Contidos

  1. Medicina e Historia.- Medicinas arcaicas.
  2. Medicina e Cirurxía no antigo Exipto, China e India.
  3. Hipócrates e a colección hipocrática.
  4. Medicina helenística. Galeno de Pérgamo.
  5. Medicina árabe medieval
  6. A Medicina na Idade Media: Escolas e universidades.
  7. Médicos e Anatómicos no Renacemento. Vesalio. Paracelso e a súa contorna.
  8. Servet, De Reyna, Harvey, Sydenham.
  9. Epidemias renacentistas.
  10. Medicina, cirurxía e Enfermidade no Barroco.
  11. A Medicina no Século XVIII. Boerhaave e a súa contorna científica.
  12. A vacinación. Jenner. A Real Expedición filantrópica da vacina.
  13. Magendie, Claude Bernard e a patoloxía experimental. A medicina e o laboratorio.
  14. A revolución da cirurxía no S. XIX.: Morton, Semmelweis, Lister, von Bergmann.A escola anatomoclínica. Laennec. Rokitansky. Virchow.
  15. A microbioloxía: Pasteur, Koch, Ferrán e as súas escolas.
  16. O pensamento fisiopatolóxico Ludolf von Krehl, Miguel Gil Casares e Roberto Nóvoa Santos.
  17. As especialidades médicas, o seu nacemento e desenvolvemento.
  18. A historia clínica, evolución e transcendencia. Situación actual.
  19. A ciencia empeza na palabra: terminoloxía médica, orixe e actualidade
  20. Documentación clínica: a súa importancia nos nosos días.
  21. Principais buscadores científicos e de humanidades neste momento

Metodoloxía

Sesións participadas de dúas horas, cun descanso entre elas, durante os martes do segundo cuadrimestre que se sinalen. 2 temas ao día.

Vistas guiadas a distintos museos situados en Santiago.

En función da dispoñibilidade, farase unha visita ao museo e unha hora de clase na sede da Real Academia de Medicina de Galicia (A Coruña).

Sistema de avaliación

10 preguntas curtas con valor dun punto cada unha.

Exposición de traballos grupais.

Bibliografía básica

Babini, J: (2000): Historia de la Medicina. Barcelona: Gedisa.

Barona, J. L (1991): Introducción a la Medicina. Valencia: Universidad de Valencia.

Gracia, D; Lázaro, J. (2009): Introducción a la Medicina. Madrid.: Ed. Hariadna.

Laín Entralgo, P. (1978): Historia de la Medicina. Barcelona: Salvat.

López Piñero, J.M.: (2002): La Medicina en la Historia. Madrid: La Esfera de los Libros.

López Piñero, J. M.: (2003): Breve Historia de la Medicina. Madrid: Alianza.

Sánchez González, M. A. (2012): Historia de la Medicina y humanidades médicas. Barcelona: Elsevier.

 

Bibliografía avanzada

Laín Entralgo, P. (Dir.) (1972): Historia Universal de la Medicina. Barcelona: Salvat.

Barona Vilar, J. L. (Coord.) (2023): Manual de Historia de la Medicina. Valencia: Tirant lo Blanc.

The contents of this page were updated on 07.19.2023.