Skip to main content

Historia da lingua galega: do nacemento á normalización

Docente da USC: Francisco Dubert García

Nº de créditos: 3

Introdución

Neste curso farase un exhaustivo percorrido pola historia interna e externa da lingua galega, desde as súas orixes no latín ata a actualidade. A historia da lingua debe incluír, necesariamente, a revisión da relación coas outras linguas con que está en contacto (o portugués, o castelán, o asturleonés). Haberá que reflexionar sobre a historia lingüística da Península Ibérica e a relación da historia lingüística do galego coa historia de Galicia en xeral. Esta perspectiva histórica axudaranos a entender a situación lingüística e social actual do idioma: comprenderemos as razóns da diversidade interna do galego, o peso do castelán na súa forma, a orixe do seu proceso de normalización e normativización.

Obxectivos

  • Acadar unha visión panorámica da historia do galego, integrado na historia de Galicia.
  • Coñecer a súa riqueza dialectal e a súa realidade social.
  • Coñecer e reflexionar sobre o seu proceso de normalización e normativización.
  • Reflexionar sobre o futuro da lingua galega.

Contidos

  1. A realidade lingüística da Península Ibérica.
  2. Do latín ó galego: o galego, unha lingua románica máis.
  3. O galego e as súas relacións históricas e lingüísticas coas linguas que o circundan: o portugués, o castelán e o asturleonés.
  4. As variedades sociais e dialectais do galego.
  5. É ou foi o galego un dialecto?: O galego, unha lingua en proceso de normalización. Que é a normalización lingüística?
  6. É preciso un galego normativo?
  7. Cal é o futuro da lingua galega?

Metodoloxía

Nas clases combinarase a exposición teórica das cuestións seleccionadas coa realización de exercicios. Promoverase a participación do alumnado por medio de debates, a lectura de textos para comentar e o emprego das novas tecnoloxías.

Sistema de avaliación

A avaliación realizarase por medio de traballos, individuais e en grupo: comentarios de texto, lecturas, participación nos debates etc.

Bibliografía básica

Dosil, Benxamín (2021): Manual de uso da lingua galega. Vigo: Xerais.

Fernández Rei, Francisco (1990): Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais.

Hermida Gulías, Carme (1992): Os precursores da normalización. Vigo: Xerais.

Hermida Gulías, Carme (2004): Gramática práctica (Morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.

Mariño Paz, Ramón (1998): Historia da lingua galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.

Mariño Paz, Ramón (2008): Historia de la lengua gallega. München: Lincom.

Monteagudo, Henrique (1999): Historia social da lingua galega. Vigo: Galaxia.

Monteagudo, Henrique (2021): O idioma galego baixo o franquismo. Vigo: Galaxia.

Real Academia Galega (2012): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. A Coruña: Real Academia Galega, https://academia.gal/documents/10157/704901/Normas+ortográficas+e+morfolóxicas+do+idioma+galego.pdf

Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega. https://academia.gal/dicionario

The contents of this page were updated on 07.12.2023.