Skip to main content

Historia Contemporánea de España

Docentes da USC: Ana Cabana Iglesia e Tamara López Fernández

N.º de créditos: 3

Introdución

Nesta materia preténdense analizar os sucesos fundamentais que constituíron a Historia Contemporánea de España, non só desde o político, senón tamén nas súas expresións sociais, económicas e culturais, circunscritos entre dúas guerras de relevancia neste período histórico: a Guerra de Independencia; que anticipou a crise do Antigo Réxime e a Guerra Civil de 1936, que marcou o fin da traxectoria liberal e democrática para o Estado. Unha materia chave para a comprensión do devir da realidade española ata os nosos días, nun período caracterizado pola oscilación e confrontación entre os movementos que procuraban transformar o modelo de sociedade, apostando pola modernización, e aqueles arcaicos que pugnaban por manter o arcaísmo de inicios do século XIX e que remataron coa imposición dunha ditadura.

Obxectivos

  • O coñecemento dos principais procesos sobre a historia de España na época contemporánea, circunscrita ao século XIX e ata os anos 30 do século XX.
  • Comprender as transformacións experimentadas pola sociedade española no período referenciado: no político, no económico e no social.
  • Fomentar a análise crítica dos acontecementos obxecto de estudo.
  • Adquirir a habilidade para o emprego de terminoloxía específica sobre os principais fitos do período no que se basea a materia.
  • Estimular a reflexión sobre as diferentes etapas históricas polas que pasou o país, orixe das principais características da España actual.

Competencia

  • A elaboración de pequenos traballos académicos segundo os niveis exixibles a nivel de contidos.
  • A reflexión con espírito crítico dos contidos expostos na materia e a partir dos coñecementos básicos acadados.
  • Comunicar e expoñer información e ideas con claridade.
  • A procura de información en fontes bibliográficas e históricas con criterio crítico.

Contidos

Tema 0. A fin do Antigo Réxime

Tema 1. A Guerra e a Revolución: 1808-1814

A Guerra de Independencia e o inicio do proceso revolucionario

O reinado de José I. Os afrancesados

As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812

Tema 2. A España de Fernando VII: 1814-1833

A Restauración, 1814-1820

O Trienio Liberal, 1820-1823.

A Década  Ominosa e o absolutismo reformista 1823-1833

A perda do Imperio colonial

Tema 3. Época Isabelina

Características da revolución liberal

Rexencia de María Cristina, 1833-1840

Rexencia de Espartero 1840-1843

Reinado de Isabel II, 1843-1868

Década Moderada, 1844-1854

Bienio Progresista, 1854-1856

Unión Liberal, 1856-1868

Tema 4. O  Sexenio Revolucionario e a I República, 1868-1874

Revolución “A Gloriosa” e goberno provisional

Reinado de Amadeo I de Saboia, 1871-1873

A I República Española, 1873-1874

Tema 5. A Restauración

A España de Alfonso XII, 1875-1902.

O sistema político da Restauración

A crise da Restauración

O Desastre de 1898

O  rexeneracionismo

O movemento obreiro

Rexionalismos e nacionalismos

Tema 6. O reinado de Alfonso  XIII, 1902-1931

A crise do sistema da Restauración

Os intentos de reforma: Maura

A Semana Tráxica de Barcelona

O reformismo de José  Canalejas

O Trienio Bolxevique (1917-1920)

O problema de Marrocos

A ditadura de Primo de Rivera, 1923-1930.

O Directorio Militar, 1923-1925

O Directorio Civil, 1925-1929

Colapso da ditadura e final da monarquía

Tema 7. A Segunda República Española, 1931-1936

Da Ditadura á República

Bienio reformista (1931-1933)

Constitución 1931

Reformas republicanas

Bienio Radical (1933-1936)

A Fronte Popular (1936)

Metodoloxía

1. Aulas expositivas

Consistirán na exposición teórica do temario da materia pola profesora. As anteriores terán lugar combinadas coa actividade presencial na aula polo alumnado, con vistas á participación e á interacción entre profesor e alumno.

2. Aulas interactivas

Sesións de tipo práctico, relacionadas cos contidos teóricos expostos con anterioridade orientadas a facilitar a súa comprensión polo alumnado, a modo de complemento, reforzo, e/ou repaso. Poderán ter a seguinte forma:

  1. Proxección de documentais e comentario posterior dos mesmos na aula
  2. Análise de textos, mapas, discursos, artigos, traballados de forma persoal polo alumnado vía comentario
  3. Traballos expositivos sobre temas a concretar polo profesorado

3. Actividades non presenciais

Estudo e análise dos contidos das aulas expositivas e dos materiais proporcionados polo profesorado para a posterior elaboración de comentarios ou traballos para a exposición na aula.

4. Titorización personalizada

Orientada ao apoio do alumnado no transcurso do curso: para a elaboración dos traballos, a súa corrección, entre outras dúbidas que poidan xurdir en relación á materia.

Sistema de avaliación

A avaliación do alumnado estará composta das seguintes partes:

  1. Á asistencia e participación do alumnado nas aulas, teóricas e prácticas, corresponderalle o 50% da nota da materia.
  2. Á entrega das tarefas indicadas pola docente corresponderalles o 30% da cualificación final.
  3. A participación nas saídas suporá o 20% da cualificación final da materia. De non producirse, esta porcentaxe sumarase á porcentaxe do primeiro punto (asistencia e participación na aula).

Bibliografía básica

  • ÁLVAREZ  JUNCO,  J. e  SHUBERT,  A.  (Eds.) (2018): Nueva  Historia  de  la  España  Contemporánea,  Madrid: Galaxia-Gutenberg.
  • BAHAMONDE, A. et al. (2005): Historia de España siglo XX, 1875-1939, Madrid: Cátedra.
  • BERNECKER, W. L. (2009): España, entre tradición y modernidad. Política, economía, sociedad (siglos XIX-XX), Madrid: Siglo XXI de España Editores.
  • BRUGUERA, M. e SCHMIDT-NOVARA, C. (Eds.) (2008): Historias de España contemporánea. Cambio social y giro cultural, Valencia: PUV.
  • BULDAIM, B. (Coord.) (2011): Historia contemporánea de España 1808-1923, Madrid: Akal.
  • CANAL, J. (2017): Historia Contemporánea de España. Tomo I y II, Madrid: Taurus.
  • FONTANA, J. e VILLARES, R. (Dir.) (2017): Historia de España. Vol. 6-12, Barcelona: Crítica.
  • ORTIZ HERAS, M. (Coord.) (2018): (Manual de) Historia de España contemporánea (siglo XX). Del desastre del 98 a la crisis sistémica actual. Albacete: Altabán.
  • PAREDES ALONSO, F. J. (1996): Historia contemporánea de España (1808-1939). Barcelona: Ariel, 1996.
  • URÍA, J. (2008): La España liberal: (1868-1917): Cultura y vida cotidiana. Madrid, Síntesis.
The contents of this page were updated on 07.20.2023.