Skip to main content

Fundamentos de Bioquímica Humana

Docente da USC: Jaime Gómez Márquez

Introdución

O programa desta materia está dirixido a proporcionar coñecementos básicos dos aspectos estruturais e funcionais das biomoléculas e os procesos metabólicos relacionados coa obtención de enerxía, con especial referencia a patoloxías moleculares e algúns aspectos nutricionais no ser humano

Obxectivos

  1. Adquirir os coñecementos básicos da bioquímica e a bioloxía molecular.
  2. Coñecer as principais macromoléculas biolóxicas e as funcións que desempeñan no organismo humano.
  3. Coñecer os aspectos básicos do metabolismo
  4. Comprender a repercusión dos coñecementos da bioquímica na sociedade actual e as súas aplicacións no campo da nutrición, a biotecnoloxía, o deporte e a saúde.

Competencia

  • Comprender contidos relacionados coa bioquímica humana básica.
  • Desenvolver a capacidade de aprendizaxe autónoma e o pensamento crítico

Contidos

1) Introdución á Bioquímica e Bioloxía Molecular

2) A célula: estrutura (eucariota vs procariota), orgánulos e especialización, división celular (mitose e meiose), transporte a través das membranas, sinalización celular. Concepto de hormona.

3) Biomoléculas:

3.1. Carbohidratos: estrutura e funcións. Intolerancia á lactosa. Diabetes

3.2. Lípidos: estrutura e funcións. Vías exóxena e endóxena do transporte de lípidos no sangue. Colesterol e aterosclerose. Vitaminas.

3.3. Proteínas: estrutura e funcións. Coláxeno. Enzimoloxía. Anticorpos. Virus.

3.4. Ácidos Nucleicos: estrutura e funcións. O ATP e a transferencia de enerxía nas células. O xenoma. O dogma central da bioloxía molecular. O código xenético. Marcadores xenéticos e farmacoxenómica.

4) Introdución ao metabolismo. Concepto, Anabolismo e Catabolismo. Reaccións e rutas metabólicas. Bioenerxética. Reaccións redox e outros tipos. Regulación do metabolismo e enzimas alostéricas.

5) Metabolismo de carbohidratos. Panorámica xeral. A glicolise e a súa regulación. Intolerancia á lactosa, galactosemias e diabetes.

6) Fermentación e respiración. Metabolismo do etanol. Glicolise e cancro. A análise por PET.

7) A respiración celular. O complexo da piruvato deshidroxenasa. O ciclo de Krebs. A cadea de transporte electrónico. A síntese de ATP por fosforilación oxidativa. Venenos, adelgazantes e termoxénese.

8) Metabolismo de lípidos. A graxa e o colesterol. O transporte de lípidos no sangue. A hipercolesterolemia familiar. Ateroesclerose. Os corpos cetónicos.

9) Metabolismo de proteínas e aminoácidos. A formación da urea.

10) Metabolismo de nucleótidos. A gota, os fármacos contra cancro, e outras enfermidades

Metodoloxía:

A docencia será expositiva e participativa. O docente explicará os aspectos máis relevantes de cada tema, fomentando a participación dos estudantes nas clases para que alcancen os obxectivos da materia. A intención é que os estudantes aprendan e comprendan desfrutando da aprendizaxe da materia.

Sistema de avaliación:

  1. Asistencia e participación activa en las clases expositivas (60 %)
  2. Realización e exposición dun traballo relacionado coa materia (20 %). Non obrigatorio
  3. Exame test de 10 preguntas (20 %). Non obrigatorio

Bibliografía básica:

  • Lieberman, M. e Peet, A. (2014): Marks Bioquímica Médica Básica. Madrid: Editorial McGraw-Hill Interamericana.
  • Nelson, D. L. e Cox, M. M. (2007): Lehninger: Principios de Bioquímica. Barcelona: Editorial Omega.
  • Rodwell, V.; Bender, D.; Botham,K.; Kennelly,P. e Weil, P. (2019): Harper Bioquímica Ilustrada. Madrid: Editorial McGraw-Hill Interamericana
  • Tymoczko, J.; Berg, J. e Stryer, L. (2014): Bioquímica, curso básico. Barcelona: Editorial Reverté.
The contents of this page were updated on 07.19.2023.