Skip to main content

Comunicación Xornalística. Medios, Mediacións e Informacións

Docentes da USC: Marta Rodríguez Castro, Alba Silva Rodríguez, Ana Isabel Rodríguez Vázquez, Xosé López García, Cibrán Tenreiro Uzal, Sara Pérez Seijo

N.º de créditos: 3

Introdución

No contexto comunicativo actual, onde as ferramentas de producción de contidos son case infinitas e os invididuos producen en autonomía é necesario aprender a elaborar contidos e comunicar con eficiencia. Para iso, pensamos nesta materia como habilitadora para que os alumnos poidan entender cal é o proceso de producción a nivel informativo de pezas escritas, audiovisuais, sonoras e dixitais.

Obxectivos

  • Coñecer o funcionamento do ecosistema mediático
  • Coñecer as estratexias de canalización de mensaxes e o seu impacto na conformación dos estados de opinión
  • Ser capaces de producir contidos en formato televisivo, radiofónico, escrito e web de maneira autónoma e cos recursos propios.

Competencia

  • O alumnado deberá ser capaz, ao rematar a materia, de entender o ecosistema mediático e o seu funcionamento co obxectivo de construír unha visión crítica sobre as estratexias de difusión de contidos levadas a cabo polas empresas mediáticas.
  • O alumnado deberá ser capaz de producir, de xeito autónomo, unha peza audiovisual, unha radiofónica, unha escrita e outra destinada a medios online.

Contidos

  1. Comunicación escrita. O xornalismo como técnica de comunicación social. Os medios e as mediacións.
  2. Comunicación radiofónica. As ondas sonoras na construción da opinión pública. Os podcasts e os boletíns informativos.
  3. Comunicación televisiva. A imaxe como artefacto comunicativo.
  4. Xornalismo dixital. A web como fío condutor do presente e o futuro.

Metodoloxía

A docencia incluirá a combinación de sesións maxistrais (50%) co traballo práctico tutelado do alumnado (40%) e unha serie de actividades complementarias de análise e debate (10%).

Cada detama determinado no apartado “Contidos” levará parellas clases teóricas, prácticas (en aulas de informática, estudio de radio e plató de televisión).

Sistema de avaliación

Avaliación continua das prácticas propostas en cada sección, das que se obterá unha nota final por media aritmética.

Bibliografía básica

  • AGUADO, Juan Miguel; FEIJÓO, Claudio; MARTÍNEZ, Inmaculada J. (Coords.) (2013): La comunicación móvil. Barcelona: Gedisa.
  • CANAVILHAS, João (2011): «El nuevo ecosistema mediático». Revista Index.Comunicación, 1 (1). Accesible en: http://journals.sfu.ca/indexcomunicacion/index.php/indexcomunicacion/ar….
  • HALLIN, Daniel C, e MANCINI, Paolo (2008): Sistemas mediáticos comparados. Barcelona: Hacer Editorial.
  • MESQUITA, Mário (2007): El cuarto equívoco. El poder de los media en la sociedad contemporánea. Madrid: Editorial Fragua.
  • ROMÁN-SAN MIGUEL, Arázazu; MORENO ESPINOSA, Pastora (2022): Redacción periodística en la radio: de la radio convencional al podcasting. Barcelona: Gedisa.
The contents of this page were updated on 07.19.2023.