07.14.2023 | 18.00h-19.30h
O reitor Antonio López presidirá o acto académico

A promoción 2019/2023 do Grao en Dereito celebra o seu acto de graduación este venres, 14 de xullo, nun acto que se desenvolverá no Pazo de Congresos, a partir das 18.00 horas. O evento estará presidido polo reitor Antonio López.
Tamén participan no acto a decana Ana Gude Fernández e os padriños Alejandro Villanueva Turnes, Francisco Hernández Rodríguez e Alba Nogueira López. Diego Lorenzo Piñeiro e Candela Fernández Pascual actuarán como mestres de cerimonia.