Skip to main content

Introdución á ópera. Novos medios, novas oportunidades.

Docente externo: Laura Touriñán Morandeira.

Nº de créditos: 3

Introdución

As Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) teñen revolucionado os procesos de comunicación e tamén o acceso á información por parte dos usuarios. Tal é así, que as TIC modificaron, por unha parte, os procesos de educación, ensinanza e aprendizaxe no ámbito da educación e, por extensión, o da educación musical; por outra, os medios e formas de desfrute da cultura, proporcionando aos espectadores novas formas de vivir o arte e/ou a cultura.

Partindo da diversidade conceptual que supón saber música, ensinar música e educar con/por/para a música, as TIC xeraron recursos de fácil acceso que, ben seleccionados, son ferramentas de gran utilidade para a educación musical. Ditos recursos caracterízanse polo seguinte: de constante actualidade, inmediatez e de desfrute incluso en tempo real, permiten elección personalizada de contidos, auto-aprendizaxe, de fácil acceso vía Internet, e de baixo custo (cando non gratuítas). Todo isto permite novas formas de experiencia que rompen coa sincronía tradicional espazo-temporal da vivencia do propio produto cultural.

No caso da ópera, xeráronse un gran número de recursos que supoñen unha nova esixencia á hora de abordar este ámbito de educación. Webs e blogs especializados, bases de datos específicas, núcleos temáticos en redes sociais, plataformas streaming, revistas electrónicas, documentais e programación en cines, son algúns dos recursos que poden ser de utilidade para traballar ópera e coa ópera en procesos educativos.

Mediante esta materia preténdese, por unha banda, proporcionar ao alumno contidos de nivel básico da Historia da Ópera en Occidente e, por outra, mostrarlle novos recursos vinculados ás novas tecnoloxías e ensinarlle o seu manexo para que poida seguir aprendendo e consumindo ópera pola súa conta e en función dos seus propios gustos. Trátase de contribuír a formar un público consumidor de ópera crítico, con criterio fundamentado e que como, como espectadores, comprendan mellor a realidade cultural que vivimos actualmente no plano operístico: que é a ópera, que función de impacto ten na sociedade, o porque da programación operística actual, cales son as distintas formas de consumo de ópera e as novas formas que aportan as novas tecnoloxías, etc.

Obxectivos

  • Iniciarse no coñecemento e comprensión do desenrolo e evolución da ópera occidental en relación contextualizada coa Historia da Música Clásica Occidental.
  • Familiarizar ao alumno cun repertorio operístico básico, atendendo a aspectos como o argumento, as tramas dramáticas, o contexto de creación, estilos e recursos operísticos, etc.
  • Aprender a recoñecer e diferenciar auditivamente os estilos operísticos principais en función das distintas épocas e incluso poder reflexionar nun plano teórico sobre estes aspectos.
  • Coñecer a terminoloxía operística específica e o elementos característicos de esta manifestación artística.
  • Sensibilizar ao alumno na importancia da arte en xeral e da música clásica e da ópera como parte desta última, en particular.
  • Valorar a relación entre a música e as outras artes.
  • Analizar a música de ópera empregada nos medios audiovisuais e a relación música-imaxe.
  • Afondar na importancia da adaptación do consumo de ópera aos novos tempos e aos novos medios (tecnolóxicos) da sociedade actual.
  • Potenciar a información xeral a través da estética musical, o gusto persoal e a capacidade crítica.
  • Potenciar o uso das Tics como fonte de auto-aprendizaxe e de adquisición de información personalizada e actualizada.

Competencias

  • Saber definir os principais conceptos que definen o mundo da ópera.
  • Recoñecer auditivamente os principais estilos operísticos en función da periodización da historia da música occidental.
  • Saber reflexionar e comentar audicións, interpretacións e textos de contido musical.
  • Recoñecer auditivamente e por escrito os compoñentes esenciais da linguaxe musical, as estruturas musicais, estilos, xéneros ou tradicións estudadas, así como saber describilos.
  • Dominar (a nivel básico) o uso das TICs como fonte de auto-aprendizaxe e de adquisición de información personalizada e actualizada.

Contidos

  • Novos recursos para consumir e para aprender sobre ópera. Aplicación das novas tecnoloxías á ópera.
  • A ópera e a globalización. Novos medios, novas influencias, novas formas de interpretación dos clásicos.
  • A ópera como acontecemento social, hoxe e sempre.
  • Periodización da Historia da Ópera Occidental: Barroco, Clasicismo, Romanticismo, vanguardias del siglo XX e ópera actual.
  • Definicións xerais relacionadas ca ópera.
  • Clasificación das voces. Tipoloxías e técnicas.
  • Exemplos de “clásicos” da Historia da Ópera Occidental.

Metodoloxía:

Esta materia plantéase en formato mixto o híbrido:

  1. parte das sesión estarán impartidas pola docente principal;
  2. algunhas sesións estarán impartidas por docentes externos invitados en calidade de ponentes expertos en determinados temas relacionados ca materia; e
  3. algunhas sesións realizaranse fóra da aula como prácticas e interrelacionadas ca oferta cultural.
  • Exercitarase o hábito da escoita a través de exemplos en diferentes soportes audiovisuais e coa finalidade de poder recoñecer estilos pertencentes a distintos momentos históricos, estéticas, procedencias e formas musicais.
  • Traballarase a sensibilización do sentido auditivo como instrumento para poder
  • Analizar tecnicamente a oportunidade de emprego de diferentes pezas operísticas.
  • Fomentarase o traballo individual e en equipo, procurando potenciar a creatividade do alumnado.
  • Traballaranse terminoloxías básicas do ámbito operístico, a organización do material sonoro, as características máis destacadas da linguaxe musical.
  • Utilizaranse recursos de importante carga teórica de nivel básico e exemplos prácticos proporcionados polos docentes.
  • Realizaranse actividades dentro e fóra da aula na medida do posible.
  • Todos os contidos serán postos a disposición do alumnado a través do campus virtual.

Prácticas externas:

  • Dado o convenio establecido co Auditorio de Galicia e co Consorcio de Santiago de Compostela, ao longo do curso repartiranse entre los alumnos entradas para asistir aos concertos da “tempada clásica” da Real Filharmonía de Galicia.
  • Ao longo do curso, na medida posible en función da oferta cultural levarase aos alunos a desfrutar de distintos eventos: retransmisión en directo dunha ópera no cine, escoita en directo dun concerto lírico, visita guiada polo Palacio da Ópera da Coruña, etc.

Sistema de avaliación

Tomando en consideración que o cometido principal desta materia é incentivar o consumo de música clásica e que sexa comprendida polos alumnos, valorarase a asistencia (80% mínimo) e participación en clase co obxectivo de garantir unha avaliación continua, axustada aos obxectivos.

Así mesmo, ao longo do curso realizaranse breves exercicios teóricos-prácticos sinxelos, en formato test, sobre a materia explicada en clase e que o alumno poderá facer desde a súa casa a través do campus virtual.

Bibliografía de referencia

AA. VV.: Guía Akal de la Música (Stanley Sadie& A. Latham, ed.s). Madrid, Akal, 1994.

AA. VV.: Historia de la Música (12 vols.). Editorial Turner. Madrid.

AA.VV. Atlas de los Instrumentos. Editorial Alianza Atlas.

ALIER, R. (2007): ¿Qué es esto de la ópera?. Ediciones Robinbook.

ALIER, R. (2007): Guía Universal de la Ópera. Ediciones Robinbook.

ANDRÉS, Ramón: El mundo en el oído: El nacimiento de la música en la cultura. Ed. El Acantilado, 2008.

BATTA, A.: Opera: compositores, obras, intérpretes. Colonia, Konemnan, 1991.

BENNET, R.: Investigando los Estilos Musicales. Barcelona, Akal, 1998.

BERNSTEIN, L. El maestro invita a un Concierto. Editorial Siruela.

CASARES, Emilio (dir.): Diccionario de la Música española e hispanoamericana. Emilio Madrid: SGAE, 19992002, 10 vols.

CASARES, Emilio (dir.): Diccionario de la Zarzuela. España e Hispanoamérica. Madrid: ICCMU, 200203,2 vols.

CITRON, M. (2009): Opera on Screen. New Haven and London: Yale University Press.

COPLAND, A. Como escuchar música. Editorial Fondo de Cultura.

ESSE, M. (2010): “Don’t Look Now: Opera Liveness and the Televisual. Eastmann School of Music”. Opera Quarterly, 26 (1), 81-95.

FUBINI, E.: Estética musical. Madrid, La balsa de la medusa, 2008.

GROUT D. J./PALISCA, C.: Historia de la Música Occidental(2 vols.).Madrid, Alianza, 1997.

HAMELINK, C. J. (1988): The technology gamble. Informatics and Public Policy: a study of technology choice. Norwood, New Jersey: Ablex Publishing Corporation.

HARNONCOURT, Nikolaus: La música como discurso sonoro. Ed. El Acantilado, 2011.

HEYER, P. (2008): “Live from the Met: Digital Broadcast Cinema, Medium Theory, and Opera for the Masses”. Canadian Journal of Communication, 33, 591-604.

HOOGEN, Eckhardt van den: El ABC de la ópera. Madrid: Taurus, 2005.

JEONGWON, J; Rose, T. (2002): Between opera and cinema. New York Routledge.

LACASA, I. y VILLANUEVA, I. (2011): “La digitalización audiovisual de la ópera. Nuevos medios, nuevos usos, nuevo públicos”. Revista TELOS (Cuadernos de Comunicación e Innovaión), Julio-Septiembre de 2011.

LACASA, I. y VILLANUEVA, I. (2012): “El cine exhibe ópera: el público y el futuro mediático de las artes”. Revista Icono 14 [en línea], 20 de Enero de 2012, Año 10, Vol. 1.

LANG, Paul Henry: La experiencia de la ópera. Madrid: Alianza, 2011. [Edición original inglesa 1973]

LIPOVETSKY, G. y SERROY, J. (2009): La pantalla global. Cultura mediática y cine en la era hipermoderna. Barcelona: Anagrama.

MADDALENO, Jordi (2015): “Rising Alterntive. La ópera en cine en todo su explendor”. Ópera Actual, Nº 184, Octubre de 2015.

MENÉNDEZ TORRELLAS, Gabriel: Historia de la ópera. Madrid: Akal, 2013.

MORRIS, C. (2010): “Digital Diva: Opera on video”. Opera Quarterly, 26 (1), 96-119.

ORREY, Leslie: La ópera: una breve historia. Barcelona: Destino, 1994

PARKER, Roger (compilador): Historia ilustrada de la ópera. Barcelona: Paidós, 1998.

PATIER, Beltrando, M-C.: La música occidental desde la Edad Media hasta nuestros días. Madrid, Espasa, 1997.

PUELLES LÓPEZ, J. (2008):El cine, la ópera y la ópera en el cine. Bubok Publishing.

RAYNOR, H.: Una historia social de la Música desde la edad media hasta Beethoven. Madrid, Siglo XXI, 2007.

REVERTER, Arturo: El arte del canto. El misterio de la voz desvelado. Madrid: Alianza, 2008.

RIDING, Alan: Ópera: Guía visual. Madrid: Espasa, 2008.

RINK, John (Ed.): La interpretación musical. Madrid: Alianza Música, 2006.

RODRÍGUEZ SUSO, Carmen: Prontuario de musicología. Música, sonido, sociedad. Barcelona, Clivis publicacións, 2002.

SADIE, Stanley (ed.): The New Grove Dictionary of Opera. London: Macmillan, 1992, 4 vols.

SNOWMAN, Daniel (2012): La ópera. Una historia social. Madrid, Siruela (2012).

TOURIÑÁN, J. M. (Dir.) (2010): Artes y educación. Fundamentos de pedagogía mesoaxiológica. Coruña, Netbiblo.

TRANCHEFORT, R. Guía de la Música de Cámara. Editorial Alianza Música.

TRÍAS, Eugenio: El canto de las sirenas. Argumentos musicales. Galaxia Gutenberg y Círculo de Lectores. Barcelona, 2007.

ULRICH, M.: Atlas de Música (2 vols). Madrid, Alianza Editorial, 1991.

VILLANUEVA BENITO, I; Radigales Babi, J. (2014): La actualización mediática de la ópera: la imagen social del cantante transformada por el cine y los medios audiovisuales. Revista Sphera Pública, 1, (14), 3-22.

A MAIORES DA BIBLIOGRAFÍA INDICADA, PROPORCIONARASE PROGRESIVAMENTE AOS ALUMNOS DURANTE A MATERIA UN COMPENDIO DE RECURSOS VIRTUAIS PARA O SEU USO E APRENDIZAXE: recursos de educación musical e aplicación das TICs, bases de datos e arquivos virtuais especializados, revistas especializadas, blogs especializados, páxinas de reprodución de ópera en directo, webs específicas de teatros, institucións e asociacións con recursos *didácticos sobre *ópera…

The contents of this page were updated on 07.13.2023.