Skip to main content

O Camiño de Santiago: arte e cultura da peregrinación (Ribeira)

Docente externo: Victoriano Nodar Fernández

N.º de créditos: 3

Introdución

O descubrimento dos restos do Apóstolo Santiago no século IX provocou un fluxo peregrinatorio que converteu a Galicia nun dos grandes centros da espiritualidade e da cultura europeas. A importancia do feito a nivel político, relixioso e social fixo que se xerase ó redor das vías de peregrinación europeas unha cultura e unha produción artística que traspasou as nosas fronteiras e converteu-se no xerme da Europa actual.

Obxectivos

  • Coñecer o feito xacobeo en tódalas súas vertentes: sociais, relixiosas, políticas e culturais.
  • Descubrir a produción artística ligada ás vías de peregrinación europeas tanto na arquitectura como nas artes figurativas.

Contidos

  • O feito xacobeo: o descubrimento dos restos de Santiago e os inicios da peregrinación a Compostela.
  • A formación da Compostela medieval: cidade e santuario
  • As vías de peregrinación a Santiago e o Liber Sancti Iacobi.
  • A arte románica do Camiño de Santiago: o tipo de igrexa de peregrinación e a súa formulación. Sainte-Foy de Conques, Saint-Sernin de Toulouse de Santiago de Compostela.
  • A escultura hispano tolosana e a recuperación da Antigüidade. Os obradoiros de Conques, Toulouse, Pamplona, León e Jaca.
  • O construción e decoración da Catedral de Santiago e os seus diferentes obradoiros.
  • A iconografía de Santiago: de apóstolo a peregrino.

Metodoloxía

A Metodoloxía a seguir neste curso será de tipo expositiva, mediante unha explicación teórica dos contidos reflectidos no apartado anterior.

A parte práctica consistirá en comentarios de obras artísticas na aula por parte do alumnado e nunha saída de estudos.

Sistema de avaliación

A avaliación será continua. Os resultados da aprendizaxe avaliaranse diariamente durante as sesións prácticas na aula e trala saída de estudos coa entrega dun traballo na data especificada.

Bibliografía básica

  • Caucci, Von Saucken, P. (Ed.) (1993): Santiago, la Europa del peregrinaje, Barcelona: Lumen.
  • Durliat, M. (1991): Sculpture romane de la route de Saint-Jacques. De Conques a Compostelle, Mont-de-Marsan: Comite d'ètudes sur l'histoire et l'art de la Gascogne.
  • Moralejo Álvarez, S. (Ed.) (1993): Santiago, Camino de Europa. Culto y cultura de la peregrinación a Compostela. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
  • Vázquez de Parga, L., Lacarra, J. M. e Uria Rius, J. (1998 [1949]): Las peregrinaciones a Santiago de Compostela, 3 vols. Pamplona: Goberno de Navarra.
The contents of this page were updated on 07.19.2023.