Skip to main content

Congreso da Sociedade Española de Psicofisioloxía e Neurociencia Cognitiva e Afectiva

07.19.2023-07.21.2023 | 17.30h-15.00h

O relatorio inaugural corre a cargo do profesor da Universidade de Florida, Andreas Keil

Cartel do congreso
Cartel do congreso

A décimo terceira edición do Congreso da Sociedade Española de Psicofisioloxía e Neurociencia Cognitiva e Afectiva bota a andar este mércores, 19 de xullo, ás 17.30 horas, nun acto presidido polo reitor Antonio López que se desenvolverá no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Tamén participarán na sesión a decana de Psicoloxía, María José Sampedro Vizcaya; o presidente do congreso, Santiago Galdo Álvarez; a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada; e a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Tras o acto de inauguración, terá lugar a conferencia inaugural que corre a cargo do profesor da Universidade de Florida, Andreas Keil, e que leva por título 'Aversive Learning in the Visual Brain: Neurophysiology and Computational Modeling'. O congreso que se estenderá ata o 21 de xullo e cuxas sesións terán lugar na Facultade de Piscoloxía ten como misión mostrar os avances dos grupos de investigación en psicofisioloxía e neurociencia estatais e internacionais.

The contents of this page were updated on 07.18.2023.