Skip to main content

Entrega dos premios á innovación docente e ás boas prácticas

07.20.2023 | 13.00h-14.00h

Salón de Graos

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría e as facultades de Ciencias, Ciencias Económicas e Empresariais, Ciencias da Comunicación, Filoloxía, Física, Formación do Profesorado, Óptica e Optometría, Psicoloxía, Química e Veterinaria serán os centros premiados nesta edición

O acto desenvólvese no Colexio San Xerome. FOTO: Santi Alvite
O acto desenvólvese no Colexio San Xerome. FOTO: Santi Alvite

O reitor da USC, Antonio López, a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, María José López Couso, e o adxunto á vicerreitoría para Calidade, Antonio Mosquera, farán entrega este xoves, 20 de xullo, dos premios de recoñecemento da innovación docente dos centros da USC, así como das boas prácticas. A sesión desenvolverase no Salón de Graos ás 13.00 horas. 

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría e as facultades de Ciencias, Ciencias Económicas e Empresariais, Ciencias da Comunicación, Filoloxía, Física, Formación do Profesorado, Óptica e Optometría, Psicoloxía, Química e Veterinaria serán os centros premiados nesta edición. 

Estes galardóns recoñecen, por unha banda, os esforzos cara a innovación docente desenvolvidos polos centros da USC; e pola outra, as boas prácticas ou conxunto de principios, medidas, actuacións e experiencias xa implantadas nun centro que, reportando vantaxes de forma constatada e probada nas distintas dimensións implicadas na garantía da calidade do mesmo, poida constituír un referente a seguir para achegar dita mellora a outros centros.

The contents of this page were updated on 07.19.2023.