Skip to main content

Encontro de Novas Investigadoras en Arqueoloxía Romana e Medieval

Cartel do encontro
Cartel do encontro

O Encontro de Novas Investigadoras en Arqueoloxía Romana e Medieval desenvolverase do 25 ao 26 de outubro en Santiago de Compostela co obxectivo de servir de espazo de xuntanza ás estudosas que traballan na franxa cronolóxica comprendida entre o período republicano romano e a Baixa ldade Media dende unha perspectiva arqueolóxica. O seu propósito principal é contribuír á posta en común dos diferentes proxectos de investigación que están a ser desenvolvidos por mulleres neste campo, para que estas compartan as experiencias, dificultades e retos que tiveron que enfrontar nas súas investigacións.

Nas últimas décadas, a presenza das mulleres na investigación arqueolóxica foi en aumento, sobre todo nas etapas de formación e especialización. Con todo,o teito de cristal faise máis patente co paso á etapa posdoutoral, onde moitas delas abandonan a súa carreira motivadas polas poucas posibilidades de estabilizarse dentro da Academia. Este feito aplícase a todas as ramas da arqueoloxía tanto na privada como no sector público vinculado á investigación científica.
Na vin estudo dos períodos romano e medieval estivo principalmente vinculado ao xénero masculino. De feito, se se fai un exercicio de reflexión sobre quen dominan a materia, o número de mulleres presentes nesa listaxe redúcese notablemente debido á falta de visibilidade.

Para pór fin á invisibilidade dos traballos de investigación desenvolvidos por mulleres no eido, o  Encontro fai un chamamento á participación de investigadoras que realizasen a súa TFG, TFM ou estean a cursar estudos de doutoramento arredor destas temáticas, pero tamén a investigadoras posdoutorais que se atopen nos seus primeiros anos de formación. Desenvolveráse en formato híbrido, con sede presencial na sede do CISPAC e tamén en liña.  

As comunicacións terán unha duración de 20 minutos e estarán seguidas dunha quenda de debate ao final de cada bloque. Ademais, para facilitar a atención do público en liña, será necesario empregar unha presentación de tipo powerpoint/ canva/prezi ou similar.

O prazo para o envío de propostas está aberto ata o 22 de setembro.

Máis informaación en: arqueoinvestigadora [at] gmail.com (arqueoinvestigadora[at]gmail[dot]com)

The contents of this page were updated on 08.28.2023.