Skip to main content

Estrea

Presentación da curtametraxe documental 'Damjan e o Camiño'

09.07.2023 | 19.00h

Santiago de Compostela
Aula Magna

A Facultade de Filosofía acolle o o xoves 7 de setembro a estrea desta curtametraxe documental que relata a peregrinación a Compostela dun grupo de persoas con diversidade funcional

Imaxe dunhas das viaxes realizadas pola asociación CompostELA
Imaxe dunhas das viaxes realizadas pola asociación CompostELA

O pasado 1 de setembro, un grupo de persoas con diversidade funcional, moitas delas con ELA, de entre 14 e 78 anos e procedentes de ata 4 continentes, iniciaron no Cebreiro o seu terceiro Camiño a Santiago.  Na compaña de familares, asistentes e persoal voluntario, completarán a peregrinación este xoves 7 de setembro.

O propósito da súa aventura é promover un  camiño universal, accesible e inclusivo e o respecto do dereito a unha vida digna, fomentando o desenvolvemento persoal deste colectivo na sociedade. Á súa chegada a Santiago, farán entrega ás autoridades dun caderno de viaxe cos lugares do camiño que necesitan mellorar a súa accesibilidade.

Esa mesma tarde, ás 19.00 horas, a Facultade de Filosofía da USC acollerá a estrea da curtamentraxe Damjan e o Camiño, unha peza documental que dá conta da viaxe realizada o ano anterior e profunda no intercambio de experiencias vitais entre as persoas viaxeiras, así como na necesidade de recuperar a accesibilidade da ruta. A proxección contará coa presenza do vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo Costa.

The contents of this page were updated on 09.06.2023.