O programa ÍCARUS é unha iniciativa da AVTE que ten o obxectivo de estimular nos estudantes da universidade unha reflexión sobre a aplicación social e económica do coñecemento contido nos seus traballos de fin de grao (TFG), máster (TFM) e teses de doutoramento.

O acto de entrega dos Premios Icarus desenvolverase o mércores 13 de setembro a partir das 10.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
O delegado do reitor para a Transferencia do Coñecemento, Luis Alberto Otero González, será o encargado de abrir este evento no que tomarán parte Irene Bonome Gradaílle, subdirectora xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria; Margarita Ardao Rodríguez, directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego; Inmaculada Rodríguez Cuervo, directora xeral de Unirisco e José Luis Villaverde Acuña, director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE), que se ocupará da entrega dos galardóns.
Promovido pola AVTE, o programa ICARUS premia a aplicación social e económica dos resultados dos traballos fin de grao (TFG), de mestrado (TFM) e teses de doutoramento. Diríxese a toda a comunidade universitaria dos campus de Santiago de Compostela e Lugo e inclúe todas as áreas de coñecemento. O certame valora a viabilidade técnica, comercial e económico-financeira, así como o grao de innovación no caso específico das teses de doutoramento e a introdución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) en todos os traballos.
O programa repartirá un total de 8.100 euros, distribuídos en doce premios. No caso das teses, os galardóns consistirán nun primeiro premio de 1.000 euros e nun segundo de 500 en cada unha das seguintes áreas: Artes Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas; Ciencias, Enxeñería e Arquitectura; e Ciencias da Saúde. No caso dos TFG e TFM, a distribución dos premios será idéntica coa diferencia de que os primeiros contarán con 800 euros cada un, e os segundos con 400 euros.