Skip to main content

International Students Welcome Day

09.16.2023 | 12.30h

Santiago de Compostela

A Oficina de Captación Internacional da USC promove este evento para dar a benvida ao alumnado internacional que estudará na USC este curso académico

Foto do International Students Welcome Day de 2022. FOTO: Santi Alvite
Foto do International Students Welcome Day de 2022. FOTO: Santi Alvite

A Universidade de Santiago de Compostela acolle cada ano máis de 1.000 estudantes estranxeiras/os nas súas aulas. Por este motivo, e co obxectivo de dar visibilidade ao labor de internacionalización da USC, a Oficina de Captación Internacional, adscrita ao Vicerreitorado de Titulacións e Internacionalización, organiza o sábado 16 de setembro no Xardín do Pazo de Fonseca, o International Students Welcome Day, un evento para dar a benvida  a preto de 300 estudantes internacionais que chegan á USC, procedentes duns 40 países diferentes,  a través de diversos convenios de mobilidade. 

O programa do evento, que se celebrará entre as 12.30 e as 17.30 horas, contará con varias actividades encamiñadas a presentar a universidade compostelá ao novo alumnado, así como distintos aspectos da cultura galega. A xornada dará comezo cunha benvida institucional que contará coa presenza do reitor Antonio López, da vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, María José López Couso; da alcaldesa Goretti Sanmartín; da primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas; e da subdirectora xeral do Retorno, Begoña Solís Domínguez. Tras a benvida, desenvolveranse actividades de tipo lúdico con dinámicas de grupo para que o alumnado interactúe entre si ou unha mostra de baile tradicional galego a cargo do Espazo de Danza da Universidade. A continuación, servirase un xantar con diferentes produtos típicos da gastronomía galega e unha sesión DJ servirá, xa en quenda de tarde, de colofón á xornada. 

The contents of this page were updated on 09.13.2023.