09.19.2023 | 18.30h
Un filme de Terry Jones

O Cineclub Mazarelos da Facultade de Filosofía retoma as sesións do 'Ciclo de Cinema Filosófico' este martes día 19 de setembro ás 18.30 h, coa proxección en VOSE do filme A vida de Brian [Monty Python's Life of Brian] (1979), do cineasta Terry Jones.
O pase, ao abeiro do proxecto 'Cultura en Mazarelos', será presentado por Xabier Reverter e terá lugar no Salón de Actos do centro. A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.