Skip to main content

Curso

'Biocerámicas para a rexeneración ósea'

09.25.2023-09.26.2023 | 09.00h-13.00h

Santiago de Compostela

O Instituto de Materiais (iMATUS) promove esta actividade

Curso 'Biocerámicas para a rexeneración ósea'
Curso 'Biocerámicas para a rexeneración ósea'

Revisar os principiais conceptos sobre o emprego de materiais cerámicos para rexeneración ósea e os avances neste tipo de materiais nas súas técnicas de avaliación son os principais obxectivos do curso 'Biocerámicas para a rexeneración ósea', que o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC desenvolverá durante os días 25 e 26 de setembro de 2023. 

O reitor Antonio López e a delegada do CSIC en Galicia e profesora de investigación del Instituto de Investigacións Mariñas, Carmen González Sotelo, darán apertura a esta actividade formativa o luns 25 ás 9.00 horas. A seguir, desenvolverase un programa de sesións docentes conducidas por Francisco Guitian (iMATUS- USC), Jaime Franco (CIFP Politécnico),  José Bartolomé (ICMM-CSIC), Álvaro Gil (iMATUS- USC), Bárbara Blanco Fernández (iMATUS- USC), Santiago Nieto Mengotti (CIS Tecnoloxía e Deseño), Belén Cabal (CINN-CSIC),  José S. Moya (CINN-CSIC), Mónica Gomez (iMATUS-USC), Alba Costa Santos (iMATUS-USC) e  Luis Díaz Gómez (iMATUS-USC). 

A inscrición neste curso, cuxo programa completo está dispoñible en liña, é gratuíta previso rexistro obrigatorio antes do 20 de setembro na web do iMATUS.

The contents of this page were updated on 09.18.2023.