Skip to main content

Mostra bibliográfica

'30 anos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais (1991-2021)'

09.26.2023 | 12.00h

Santiago de Compostela
Sala de descanso

No trixésimo aniversario da creación do centro, a Biblioteca Concepción Arenal rende homenaxe ao persoal docente e investigador que contribuíu á creación de coñecemento no eido desta rama científica, así como á adquisición das competencias transversais e específicas do estudantado

A Biblioteca Concepción Arenal acolle esta mostra conmemorativa dos 30 anos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. FOTO: Santi Alvite
A Biblioteca Concepción Arenal acolle esta mostra conmemorativa dos 30 anos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. FOTO: Santi Alvite

A mostra bibliográfica '30 anos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais (1991-2021)' constrúe na Sala de Descanso da Biblioteca Concepción Arenal un espazo para conmemorar o trixésimo aniversario da creación da Facultade na USC e homenaxear o profesorado e persoal investigador que traballou no centro ao longo da súa historia. A exposición inaugurarase o martes, 26 de setembro ás 12 horas nun acto que contará coas intervencións do reitor Antonio López; do decano da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, Ramón Bouzas; da directora da Biblioteca Universitaria, Mabela Casal; do director da Biblioteca Concepción Arenal, José Rodríguez; do seu anterior director, Francisco Méndez; e da secretaria do Departamento de Ciencia Política e Socioloxía, Isabel Diz. 

A mostra bibliográfica recolle os libros máis prestados e unha escolla dos artigos máis relevantes publicados entre 1991 e 2021 do PDI pertencente ao Departamento de Ciencia Política e Socioloxía.  Entre os exemplares expostos, inclúese o volume impreso 30 anos da Facultade de Políticas e Sociais: 1991-2021: recompilación bibliográfica, unha edición especial elaborada polo persoal da Biblioteca Concepción Arenal que recolle a produción bibliográfica do PDI entre 1991 e 2021 e que tamén pode ser consultado no repositorio Minerva da USC.

The contents of this page were updated on 11.17.2023.