11.09.2023 | 18.00h
A actriz Luma Gómez conduce unha visita dramatizada á exposición

A Igrexa da Universidade acolle ata o 10 de novembro a exposición 'CONSTELATIO', unha mostra na que o pintor José Méndez Rodríguez 'Pitelos' reúne máis dun cento de artistas do panorama creativo galego a través de retratos, esculturas, ornamentación e 'Ovos Vitae'.
Ao longo do seu período expositivo , a mostra ofrecerá un amplo programa de visitas guiadas dramatizadas da man de artistas da contorna teatral galega. O 9 de novembro ás 18 horas, a actriz Luma Gómez ofrecerá unha performance sobre 'CONSTELATIO' con entrada de balde.