10.09.2023-10.10.2023
O Centro Interdiscipinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC organiza este encontro co apoio da Deputación da Coruña

Os días 9 e 10 de outubro o CIFEX impulsará as súas décimo quintas xornadas e sétimas Xornadas Internacionais de Formación, Educación, Xénero e Igualdade co lema ‘Gendered Innovation’. Desenvolveranse na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais e permitirán a revisión de aspectos relacionados coa perspectiva de xénero na investigación, igualdade e revolución dixital, a oposición aos estudos de xénero ou innovación docente dende a ollada de xénero, entre outras cuestións.
O programa completo das xornadas está dispoñible na web do CIFEX.