O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC (CIFEX) organiza este ciclo co apoio da Deputación da Coruña

O ciclo de palestras LGBTIQ+ na USC desenvolverase entre o 6 de outubro e o 24 de novembro na Facultade de Filoloxía, os venres 6, 20 e 27 de outubro e 10, 17 e 24 de novembro.
Lucas Platero, Helena Miguélez-Carballeira, Joana Magalhaes, Carme Adán, Beatriz Suárez Briones, Danny Barreto, Elisa Coll, Esther Mayoko Ortega, Melania Domínguez Benítez, Marco Gonçalves, Daniel Amarelo e Ana Lúcia Santos participarán nas distintas sesións deste ciclo cuxo programa completo está dispoñible en liña.
Esta acción está recoñecida con 1 crédito ECTS e entregarase diploma acreditativo de asistencia ás persoas que participen, cando menosm no 80% das sesións).