Skip to main content

Congres Internacional

'Artistas Marxinais: Propostas de regulación xurídica para un colectivo esquecido'

10.05.2023-10.06.2023 | 09.00h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

Promovido polo grupo de investigación De Conflictu Legum da USC

Cartel do congreso
Cartel do congreso

Os días 5 e 6 de outubro de 2023 a Facultade de Dereito da USC acollerá o Congreso Internacional 'Artistas Marxinais: Propostas de regulación xurídica para un colectivo esquecido'. O foro, organizado polo grupo de investigación De Conflictu Legum da USC, continúa o estudo e debate iniciado cos seminarios de aproximación xurídica celebrados entre marzo e maio de 2023 a diferentes manifestacións artísticas que actualmente se atopan á marxe, ou polo menos non no foco, da análise xurídica. 

Trataranse as temáticas do Art Brut, de artistas con discapacidade, de intérpretes de rúa, da arte urbana e de artistas de grafiti. O encontro contará con figuras expertas tanto do mundo da academia como do profesional e incluirá mesas redondas e debates coa participación de artistas dos tres colectivos de estudo. 

A participación no Congreso poderá ser presencial ou en liña. As instrucións para a inscrición están dispoñibles na web do evento.

The contents of this page were updated on 09.26.2023.