09.27.2023 | 18.00h
Un filme do cineasta británico Tony Richardson

O Cineclub Mazarelos da Facultade de Filosofía programa o mércores día 27 de setembro ás 18.00 h a proxección en VOSE do filme A taste of honey [Un sabor a mel] (1961), dirixido por Tony Richardson.
O pase, que forma parte do proxecto 'Cultura en Mazarelos' da Facultade, terá lugar no Salón de Actos do centro con entrada de balde ata completar a capacidade da sala. A profesora da Facultade de Filoloxía Laura Lojo presentará a sesión.