Skip to main content

Faíscas Culturais

'As Cruces de Pedra na Galiza e o estilo galego de Castelao'

11.20.2023 | 10.00h

Santiago de Compostela
Aula 5

A segunda edición do programa Faíscas Culturais conmemora o centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos con aulas abertas e sesións que profundan no labor e a pegada da institución

A segunda edición do programa Faíscas Culturais conmemora o centenario do SEG
A segunda edición do programa Faíscas Culturais conmemora o centenario do SEG

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. 

Baixo o título 'Saber de Nós. Olladas no centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos', a segunda edición no programa afonda no labor e a pegada do SEG en aulas abertas e conversas que percorrren varios dos centros da USC e se complementan cunha exposición itinerante coordinada por Henrique Monteagudo. 

A Facultade de Xeografía e Historia acolle o 20 de novembro a sesión 'As Cruces de Pedra na Galiza e o estilo galego de Castelao', unha aula aberta coordinada por José M. López Vázquez que se desenvolverá a partir das 11 horas na Aula 5 do centro. 

The contents of this page were updated on 09.30.2023.