Campus Vida está liderado por unha Agrupación Estratéxica, integrada por un conxunto de axentes institucionais e empresas que, de forma consorciada, garanten o pleno desenvolvemento do proxecto.
A Agrupación aglutina a todos os actores, públicos e privados, necesarios para conformar un biocluster competitivo que, promovendo a excelencia académica, científica e empresarial no sector biotecnolóxico e biosanitario galego, actúe como motor económico do país e promova a súa proxección e competencia internacional.