Skip to main content

Seminario sobre diversidade afectivo-sexual

A Oficina de Igualdade de Xénero da USC e Quérote+ promoven a celebración de tres seminarios dirixido ao alumnado que se celebrarán os días 18, 23 e 26 de outubro en ADE e na EPSE

Cartaz do seminario
Cartaz do seminario

A Oficina de Igualdade de Xénero da USC promove xunto co centro Quérote + de Lugo a celebración de seminarios sobre diversidade afectivo-sexual na sede universitaria luguesa ao longo do mes de outubro. A inscrición para tomar parte nestas actividades é gratuíta e xa está aberta en liña.

O primeiro dos tres seminarios sobre diversidade afectivo-sexual programados no Campus de Lugo celebrarase o 18 de outubro, a partir das 11.00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, o escenario no que se desenvolverá unha segunda edición desta actividade o 23 de outubro, a partir das 17.00 horas.

A Aula 9 da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría acollerá o 26 de outubro, a partir das 17.00 horas, a terceira quenda deste seminario sobre diversidade afectivo-sexual, un programa que será impartido por profesionais do centro Quérote+ de Lugo. As sesións, que teñen unha duración de 90 minutos, están abertas a un máximo de 25 participantes.

Campus de Lugo
  • 1ª edición: 18 de outubro ás 11h. Salón de Graos. Facultade de Administración e Dirección de Empresas
  • 2ª edición: 23 de outubro ás 17h. Salón de Graos. Facultade de Administración e Dirección de Empresas
  • 3ª edición: 26 de outubro ás 17h. Aula 9 (Aulario 3). Escola Politécnica superior de Enxeñería (EPSE)
The contents of this page were updated on 10.20.2023.