Skip to main content

Física celebra este sábado o acto de graduación

A promoción 2013-2017 do Grao en Física da USC celebra este sábado 29 no Salón Nobre de Fonseca o seu acto de graduación, que presidirá ás 18.00 horas o vicedecano, José Manuel Sánchez de Santos.

A mesa estará composta ademais pola secretaria da Facultade, Elena López Lago; a madriña da promoción, Dolores Cortina Gil; e o padriño, Bernardo Adeva Andany. En representación do alumnado intervirá David Peinador Veiga.

The contents of this page were updated on 04.28.2017.