Skip to main content

A compañía de teatro USC-Lugo presenta ‘El Público’ no II Festival Nacional de Teatro Universitario de Toledo

Actores da compañía de teatro USC-Lugo, na representación de 'El Público', de Lorca. Foto de Tamara Pérez
Actores da compañía de teatro USC-Lugo, na representación de 'El Público', de Lorca. Foto de Tamara Pérez
Paloma Lugilde, modera este venres no Paraninfo da UCLM un foro sobre o cometido da muller na escena contemporánea e guía o sábado un seminario sobre teatro e danza

A compañía de teatro USC-Lugo presenta ‘El Público’, unha das obras irrepresentables de Federico García Lorca, no marco do II Festival Nacional de Teatro Universitario de Toledo, un certame promovido polo Concello de Toledo a Universidade de Castilla La Mancha, que nesta segunda edición conta coa participación de sete compañías de teatro universitarias.

A compañía de teatro USC-Lugo, dirixida por Paloma Lugilde, acude por vez primeira vez ao Festival Nacional de Teatro Universitario toledano, onde presentará o sábado 29 de abril, ás 22.00 horas, no Círculo de Arte de Toledo, a peza ‘El Público’, unha produción financiada ao abeiro do convenio Lugo Cultural e dirixida por Paloma Lugilde, na que interveñen dez actores, ademais dos dous técnicos que colaboran na súa posta en escena.

Alén da presentación da obra ‘El Público’, a directora da compañía de teatro USC-Lugo terá un cometido destacado no marco deste festival. De feito, Paloma Lugilde modera esta tarde, a partir das 19.30 horas, no Paraninfo da UCLM, unha mesa redonda sobre o cometido da muller na escena contemporánea na que interveñen como relatoras Margarita Borja, Yolanda Dorado, Marta Poveda, Yolanda García Serrano e Vicenta Rodríguez. Asemade, a directora da compañía de teatro USC-Lugo tamén impartirá o sábado 28 un seminario sobre danza e teatro.

The contents of this page were updated on 04.28.2017.