O acto será presentado polo profesor Xosé Nogueira
O profesor Xosé Nogueira será o encargado de presentar a proxección do filme Embrujo (Carlos Serrano de Osma, 1947) este martes 10, ás 19.00 horas, na aula 10 da Facultade de Xeograía e Historia. O acto está organizado polo centro en colaboración co Instituto de la cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) e Filmoteca Española. "Protagonizada por Lola Flores e Manolo Caracol, Embrujo é unha das películas máis peculiares da historia do cinema español pois combina a narrativa tradicional coa vangarda poética e a experimentación", explican dende a organización do evento.
O Día do Cine Español conmemórase o 6 de outubro xa que foi o día que rematou a produción de Esa pareja feliz, película dirixida e guionizada por Juan Antonio Bardem e Luis García-Berlanga e protagonizada por Fernando Fernán Gómez e Elvira Quintillá. "Co paso do tempo esta película converteuse no símbolo dunha das máis brillantes xeracións de cineastas do noso país", explican.