10.11.2023 | 13.30h-14.00h
A peza é obra de Menchu Lamas
Con motivo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, a USC procede á colocación dun vítor no Claustro de San Xerome. O acto terá lugar ás 13.30 horas deste mércores 11 e contará coa asistencia do reitor Antonio López e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Esta é a primeira vez que a Universidade lle dedica un vítor a todo un colectivo xa que a maior parte das persoas que pasaron polo Seminario foron profesores ou alumnos da USC. O vítor é obra da artista Menchu Lamas. Ao vítor sumarase posteriormente o descubrimento dunha placa na entrada do Colexio de Fonseca.