Skip to main content

‘A domesticación e dispersión do cabalo a través da paleoxeonómica’, a cargo de Pablo Librado

16/10/2023 - 12.00 horas

O relatorio do especialista en evolución, xenómica poboacional e bioinformática e investigador ‘Ramón y Cajal’ na Pompeu Fabra encádrase no ciclo sobre aplicacións xenéticas e xenómicas para a mellora produtiva, paleoevolución e mantenimiento da biodiversidade, promovido polo grupo Acuigen da USC

Cartaz do relatorio de Pablo Librado
Cartaz do relatorio de Pablo Librado

O especialista en evolución, xenómica poboacional e bioinformática e investigador ‘Ramón y Cajal’ na Pompeu Fabra, Pablo Librado Sanz, ofrece o luns 16 de outubro, ás 12.00 horas, na Sala de Xuntas da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC, o relatorio ‘A domesticación e dispersión do cabalo a través da paleoxenómica’.

A sesión de divulgación científica, promovida polo grupo Acuigen do Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física da Facultade de Veterinaria da USC e coordinada polo profesor Manuel Vera, encádrase nun ciclo de relatorios que conta con financiamento da Deputación Provincial de Lugo e cuxa temática trata sobre aplicacións xenéticas e xenómicas orientadas á mellora produtiva en especies gandeiras, paleoevolución e mantemento da biodiversidades baixo o impacto do cambio climático.

Na súa intervención, Librado Sanz fará fincapé no proceso de domesticación do cabalo como fito transformador da historia que revolucionou a mobilidade e a arte da guerra. A pesar da súa transcendencia, a comprensión deste proceso baseouse en investigacións arqueolóxicas que fallaron á hora de aplicar as técnicas máis avanzadas en paleoxenómica. De feito, non foi ata 2018 cando se secuenciaron os primeiros cabalos clasificados arqueoloxicamente como domésticos e datados hai uns 5.500 anos.

The contents of this page were updated on 10.10.2023.