Roteiro guiado gratuíto pola Alameda de Santiago

Este domingo 30 terá lugar un roteiro guiado gratuíto pola Alameda de Santiago organizado polo Museo de Historia Natural da USC e Alvarellos Editora, en colaboración coa Federación de Librarías de Galicia.
Conducido polo biólogo Martín Souto, coautor da Guía verde de Santiago e de Os últimos carballos do Banquete de Conxo, a actividade (para a que non é precisa inscrición) terá unha duración aproximada de 50 minutos, con saída e chegada na Feira do Libro que se desenvolve na propia Alameda entre o sábado 29 de abril e o domingo 7 de maio.